Vistas de página en total

viernes, 19 de octubre de 2012

benito un ejemplo a seguir



COMENTARIOS DE BENITO EN FOROCORRER EN GALICIA
3 VECES FINISHER
GRACIAS BENITO

Sigo pensando o mismo, que o deportista lévase dentro, que non fai falta "enfermar" para finalizar un Ironman.
A non ser que vaias a correr para ganalo, todo vale para entrenalo, subir un monte a pe, faer o Camiño de Santiago cos amigos (eu fíxeno un mes antes do Ironman, Camiño Portugués, 100 Km. en bicleta en 3 días, parando a comer churrasco e disfrutanto do viaxe).
Que naide pense que me tomo o Ironman a cachondeo, simplemente falo desde a experiencia personal.
Sendo deportista aficionado, hai cousas máis importantes que entrenar. Primeiro está disfrutar coa familia, cos amigos, entrenar cuando o corpo pida caña e pasar de todo cuando pida descanso.
Insisto en que os plans extrictos de entrenamento son para os profesionais non para os aficionados. Cóntovos.
No Ironman de 1.996, o terceiro da miña vida, entrenei máis ca nunca, unha preparación extupenda, tirando a extricta, e un bo conocemto da proba e da capacidade de resistencia do meu corpo...
Pero olvidei na casa a humildade. A miña soberbia levoume a mirar para a pancarta de salida e desde o meu interior decirlle o Sr. Ironman que ese día iba a pulverizar todos os meus rexistros personais.
E o Ironman díxome: " adiante chaval, a demostrar o que eres capaz de faer".
A miña altivez non me permitiu escoitar ó meu interior e pagueino mui caro. Os últimos 20 Km. da maratón foron unha agonía e chegar a meta levoume casi duas horas máis que na miña primeira actuación. 
¿Cómo é posible que un Benito muito máis preparado, con muitos Km. a suas espaldas, experiencia...tardara 2 horas máis que o mismo Benito sin experiencia, sin preparación...?.
Xa o dice o lema do Ironman de Lanzarote: "Os límites normales non contan".
E aquel día fixen a recta de meta coa cabeza agachada e xusto debaixo do arco mirei para arriba e díxenlle: Sr. Ironman, perdón por infravalorarte ó que él contestou, veña, pasa para dentro e non me volvas a faltar ó respeto".
E todo o que conto...é certo, valeume como escola para a vida e valorar máis ainda a aquel Benito matado profesional, o mellor do coche escoba nas probas ciclistas galegas dos años 80, que no ano 1.993 se presentou no aeroporto de Lanzarote coa sua vella bicicleta dentro dunha caixa de cartón e cun chandal de oferta 2X1 e que conseguiu cumplir o seu soño: ¿ser finisher do Ironman de Lanzarote?. No, iso no.
Faer realidad un soño que tiña desde pequeno, !!FAER ALGO GRANDE!!.
E eu pensaba que iso grande era o Ironman pero anos despois apareceron couas máis grandes, pero iso é outra historia.
ANIMO a todos aqueles que vandes a participar nun Ironman, eu falo desde a noite dos tempos, do recordo da primeira expedición duns galegos ó Ironman de Lanzarote no ano 1.933, Javier Beltrán, Miguel Abreu e Benito Guerreiro, abrimos brecha e a nivel interior foi toda unha proeza.
Disfrutade do deporte, pero sobre todo disfrutade da familia, dos amigos, da vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario